Ir o contido principal

Sobre nós

Somos un referente no desenvolvemento de solucións dixitais innovadoras, diferenciadas e personalizadas, tanto en empresas coma en organismos públicos.

Casos de éxito

UN POUCO DE HISTORIA

A nosa traxectoria

Fundada en 2005 en Santiago de Compostela, SIXTEMA é unha PEME galega que opera dentro do sector das tecnoloxías da información (TIC) co obxectivo de proporcionar asesoramento especializado e desenvolver novas ferramentas dixitais.

Cunha facturación próxima aos 3 millóns de euros anuais e un equipo de 60 profesionais, entre os que se contan perfís de enxeñaría informática e de telecomunicacións, especialistas en Sistemas de Información Xeográfica (SIX), e persoal investigador, en SIXTEMA logramos expandir o noso alcance no sector tecnolóxico galego. Todo isto foi posible grazas ao esforzo e dedicación de todos os que formamos parte desta empresa.

Imaxe portátil
+150 Proxectos executados con éxito
+25 Proxectos de I+D+i nos que participamos
+20 Subsectores nos que estamos presentes
+50 Organismos públicos cos que traballamos
INNOVACIÓN

Orixes, evolución e adaptación

2005

O inicio da historia

Nace Sixtema como empresa especializada en consultoría e servizos de Sistemas de Información Xeográfica (SIX). O noso nome inspírase no termo SIX, referencia á tradución ao galego de ditas siglas.

2006

Colaboración co SITGA

Comezamos a traballar para o Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA), desenvolvendo servizos clave da súa Infraestrutura de Datos Espaciais (a IDEG) tales como o WFS-T, o WCS, ou o catálogo de fenómenos xeográficos.

2007

Innovación GIS

Lanzamos un xestor de cartografía en liña para usuarios sen coñecementos técnicos. Esta solución recibiu o premio ao Mellor Desenvolvemento Galego do Ano.

2009

Era Mobile

Creamos unha nova área técnica enfocada ao desenvolvemento de Apps. Convertémonos na primeira empresa galega en deseñar unha App para a Xunta de Galicia.

Sector público

Sector público

Colaboramos con administracións locais como a Xunta de Galicia, MeteoGalicia e GAIN, mellorando a eficiencia e transparencia.

Sector privado

Sector privado

Traballamos con grandes empresas téxtiles, líderes na industria automotriz e aeronáutica, consultoras globais e servizos enerxéticos.

Investigación

Investigación

Alianzas con centros de investigación como CiTIUS, ITG, Gradiant e o CESGA para impulsar o ecosistema dixital rexional.

Innovación e talento
EVOLUCIÓN

Innovación e talento

Desde os nosos inicios, en SIXTEMA mantivemos un firme compromiso coa innovación e a creación de emprego de calidade. Este enfoque foi recoñecido desde o comezo coa nosa cualificación como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) pola Xunta de Galicia.

Nos nosos primeiros anos recibimos premios ao emprendemento innovador como a VI Edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela e o Premio Compostela Activa ao Desenvolvemento de Iniciativa Empresarial Innovadora e Creadora de Emprego.

Desarrollo y estrategia
INVESTIGACIÓN

Desenvolvemento e estratexia

Actualmente contamos cunha área dedicada exclusivamente á innovación, desde a que impulsamos a I+D+i interna e a nosa participación activa en iniciativas que favorecen a integración de tecnoloxías innovadoras e disruptivas.

Desde 2010 participamos en máis de 25 proxectos de I+D+i, consolidándonos como un actor clave na implantación de tecnoloxías avanzadas en Galicia. Exploramos áreas como a intelixencia artificial (IA), a realidade aumentada (RA) e a computación de alto rendemento (HPC), co obxectivo de seguir ofrecendo solucións avanzadas aos nosos clientes.

Impulsamos proxectos de I+D+i e Compra Pública Innovadora que converten a tecnoloxía en impacto real.

PROXECTOS

Casos de éxito

Axudamos aos nosos clientes a transformar os seus retos tecnolóxicos en solucións innovadoras.

Caso de éxito 1

Xestor de datos xeorreferenciados obtidos por UAVs que permite acceso fácil e consulta de información para a Xunta de Galicia.

Ver máis
Caso de éxito 2

Automatización da toma de mostraxes oceanográficas con vehículos non tripulados para medir a calidade da auga de Galicia.

Ver máis
Caso de éxito 3

Plataforma IoT para optimizar e automatizar procesos industriais mediante interconexións en tempo real.

Ver máis
Caso de éxito 4

Plataforma para a captura e sincronización de información sobre bosques e vexetación, asistindo na xestión do medio ambiente.

Ver máis